Compromiso Outes é unha organización política creada por mulleres e homes de Outes en 2018 e que ten como obxectivo traballar para mellorar a calidade de vida e a economía do noso concello.
Somos unha organización local, pero non por iso carente de ideoloxía nin alleo aos problemas de Galicia, España ou Europa. Galeguismo e progresismo son as nosas dúas sinais de identidade. Cremos na capacidade dos galegos e galegas para xestionar o noso futuro e solucionar os nosos problemas. Do mesmo xeito apostamos pola igualdade social e a redistribución da riqueza. Pero, máis alá das etiquetas e das siglas, o noso principal compromiso é e seguirá sendo Outes e a súa xente. Aí nos encontraredes.